Ir o contido principal

Curso gratuito para converterse nun experto en moda sostible

Tere Gutiérrez de la Concha, directora creativa e de producción da firma Claudina Romero, dirixirá, a partir do 15 de abril un curso intensivo e gratuito que posibilitará aos participantes, de diferentes perfís,  acabar capacitados como expertos en moda sostible  e ter un proxecto propio, tanto de emprendemento como de perfil profesional, e listos para se incorporar ao mercado laboral.

O departamento de promoción económica ampara esta iniciativa que, en condicións normais, tería un custo cercano aos 2000 euros por participante. 

O prazo para se apuntar xa está aberto. Pódese facer descargando o formulario da páxina web do curso; no teléfono  0034 635 88 09 77 ou de forma presencial no Departamento de Promoción Económica no edificio Arteixo Innovación. 

Tere Gutiérrez de la Concha explicou todos os detalles esta mañá na presentación do curso. 

moda