Ir o contido principal

Deseñando o teu futuro

A concellaria de Servizos Sociais, que dirixe Inés Ramos, presenta o proxecto "Deseñando o teu futuro". Trátase de impulsar facilitar que nos mozos realicen estadías en empresas e que así poidan tomar decisións sobre os estudios a seguir para conseguir unha determinada capacitación profesional.

Os alumnos dos ES Manuel Murguía, IES Pastoriza e co CPR Agarimo cos que contactou o Concello,  xa amosaron o seu interés por fomar parte de esta iniciativa. Dende cada un destes centros realizaron unha proposta de alumnos, 63 en total,  que encaixarían no proxecto. Deron prioridade a aqueles que precisan un achegamento ó mundo laboral ou a aqueles que precisan dunha motivación para continuar os seus estudos.  

Os mozos participantes realizarán visitas e estadías en entidades e empresas co obxectivo de que os participantes coñezan de primeira man a actividae empresarial en diversos sectores. O ano pasado xa participaran a Escola Infantil Vagalume, Oca Market Céltica, Escota Infantil Municipal de Arteixo-SERMASA, Construcciones Cancela, Restaurante Seve, cervexaría Pepucho, restaurante La Florida, perruquería 2.0, Aquafit Gestion (Piscina Municipal de Arteixo), ALUMAN e Protección Civil de Arteixo.