Ir o contido principal

Dinamización parques biosaudables

O vindeiro xoves 3 de novembro comezará o programa de dinamización do parque biosaludable de Meicende (embalse)

É unha actividade dirixida a calquer persoa adulta, independientemente da súa idade. Non é preciso ningunha inscripción, chega con presentarse nos lugares e horarios anteriormente indicados

HORARIO: En Meicende: Parque, zona embalse

Martes: 11.00h-12.00h
Xoves: 18.00h-19.00h

O programa está organizado polo Servizo Municipal de Deportes e está dirixido por un Licenciado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, consistente en dirixir sesións de actividade física saudable preferentemente enfocada a adultos e maiores sedentarios, 2 días/semana, en sesións de 1 hora cada día. En cada sesión un monitor ocuparase de dirixir a actividade física e de orientar aos usuarios nos principios dunha adecuada camiñada, de explicar aos participantes as bases da importancia dos estiramentos tras o exercicio e de resolver todas as dúbidas que poidan aparecer co fin de favorecer a autonomía dos participantes.

Estos espazos serán unha referencia na iniciación ao exercicio das persoas sedentarias. O seu obxectivo será concienciar e formar aos usuarios para realizar exercicio físico saudable de maneira adecuada, fomentando a súa autonomía futura na práctica do exercicio e derivándoos a outros grupos ou actividades que xa existan no concello (Escolas Deportivas Municipais), ou a práctica de forma autónoma, unha vez coñezan os recursos cos que contan no concello e a maneira adecuada de practicar exercicio.