Ir o contido principal

Distribución de Instalacións Deportivas Municipais da tempada 2017/2018

Comunícase a distribución de Instalacións Deportivas Municipais da tempada 2017/2018 que comprende desde o 15 de setembro de 2017 ata o 31 de maio de 2018.

Lembramos que aquelas entidades ou grupos veciñais (mesmo clubs, veteranos e peñas) que non entregasen a listaxe de deportistas (co seu respectivo nº de DNI) deberán facelo antes do 15 de setembro nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes. En caso de non facelo causarán baixa nos seus dereitos de uso das instalacións, segundo a normativa de aplicación

Do mesmo xeito, lembramos que as entidades ou grupos que utilizan as instalación para a competición, xa sexa federada ou non, deberán presentar o calendario de competición no rexistro municipal á maior brevidade posible

A utilización das instalacións deportivas municipais suxeitaranse ao previo pagamento do prezo público estabelecido na ordenanza fiscal correspondente, agás que exista convenio de colaboración en materia deportiva co Concello de Arteixo, de estabelecerse así no antedito convenio.

Rogamos que si algún módulo horarios concedido non vai ser utilizado, se comunique á maior brevidade posible ao Servizo Municipal de Deportes.