Ir o contido principal

Douscentos cincuenta veciños se beneficiaron das axudas sociais no primeiro semestre de 2017

As axudas, repártense en axudas para alimentación, uns 28.000 euros;  e gastos sanitarios que supoñen uns 30.000 euros. O resto foron destinados a axudas para pagar a vivenda, suministros de enerxía, e diversos gastos adicados a sufragar actividades infantiles, cursos de formación ou actividades sociales.

O departamento de Servicios Sociales que dirixe Inés Ramos aumentou os gastos de emerxencia social a través dunha nova ordenanza fai cerca de dous anos que elevou as cuantías das axudas, que pasaron dun máximo de 1.500 a 3.000 euros anuais por cada unidade familiar.

Considéranse situacións de emerxencia aquelas que orixinan gastos extraordinarios para cubrir necesidades de carácter básico e urxente: gastos de alimentación, vestido, atención sanitaria, formación e inserción sociolaboral, e outras de análoga natureza non cubertas polos diferentes sistemas de protección social, como pagamentos relacionados coa vivenda. É unha prestación económica de carácter extraordinario e pagamento puntual, destinada a paliar situacións de emerxencia de persoas con fogares independentes afectados por un estado de necesidade.

Requisitos para conseguir as axudas

 

Os requisitos para conseguir as axudas é ter unha valoración técnica favorable por parte dos técnicos de servicios sociais. Tamén hai que cumprir requisitos como ser maior de idade ou menor emancipado; carecer de ingresos anuais superiores ao IPREM (indicador publico de renda de efectos múltiples) que se fixe anualmente, incrementado nun 15% por cada un dos membros da unidade familiar. Para efectos do computo dos ingresos para o recoñecemento da prestación, terase en conta a base impoñible de ultima declaración da renda das persoas físicas e ter acreditado ingresos anuais inferiores ao limite establecido a través de nóminas, certificados do INEM ou certificados da Seguridade Social sobre vida laboral ou percepción de pensións, certificación de intereses bancarios e os últimos movementos bancarios ou calquera outra que se considere válida para acreditar os recursos económicos familiares.