Ir o contido principal

Eduardo Pondal e Os Postulantes protagonizan a cultura da fin de semana

A figura de Eduardo Pondal e as súas obsesións nos últimos anos da súa vida son o fío conductor da proposta que a compañía "Contraproducciòns" leva este venres 16 de marzo ó auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo.

"Fillos do sol" é unha coprodución do FIOT de Carballo e Contraproducións, baixo o auspicio da Fundación Eduardo Pondal, para celebrar o 100 aniversario da morte do bardo bergantiñán.

A obra, dirixida ó público adulto, será a partir das 20.30 h e o custo da entrada é de 4 € e de 3 € para aquelas persoas maiores de 65 anos ou estudantes de ensinanzas homologadas.

Meicende tamén vive tetatro este venres 16 de marzo. A partir das 20.00 h chega a representación de de "Os Postulantes" a cargo do clube teatral Elsinor

A cidade está aberta. Non hai segredos para ninguén. Todo o que se ocultaba salta co estalar da luz. Todos postulan. Todos queren atinxir... o paraíso? Sobre o escenario, para dar vida a esta historia dirixida por Manuel Lourenzo, Carme Martínez, Margot Reynoso, Xosé Martínez, Xabier Esteller, Cristina Fuentes e Xulia Miguel. 

Os postulantes

     A obra é para o público adulto. Poden acceder con invitación que se pode recoller 1 hora antes da actuación no mesmo      centro até completar a capacidade da sala.