Ir o contido principal

Educación abre o prazo para xustificar as axudas ao comedor do curso 2016/2017

As bases reguladoras das axudas ao estudo para familias con descendentes escolarizados nos niveis obrigatorio ou non obrigatorio en centros sostidos con fondos públicos convocadas pola Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa indican procedemento e prazos para a xustificación do gasto e cobro do 2º prazo cando a xustificación sexa correcta e completa.

            Para considerarse correcta a tramitación da xustificación, debe terse en conta o seguinte:

  • Entregar modelo establecido ao efecto POR CADA ALUMNA / ALUMNO acompañado da documentación xustificativa completa nos rexistros municipais.

 

            O pago das axudas está sometido ao seguinte procedemento:

  • 1º prazo:
    • Contía correspondente ao 80 % do cómputo da axuda concedida para o curso completo como axuda para comedor.
  • 2º prazo:
    • Contía correspondente ao 20 % pendente de abono do total da axuda. Este pago efectuarase unha vez tramitada a xustificación do gasto total do servizo.

Dita xustificación deberá realizarse na 1ª quincena de xullo de cada ano natural. A contía a abonar será a resultante da diferencia entre o abonado no 1º prazo e a contía concedida debidamente xustificada.

No caso de que o gasto xustificado sexa inferior ao inicialmente estimado, realizaranse os axustes no 2º pago para que a porcentaxe de financiación non supere o inicialmente previsto polo concepto de axuda para comedor

           

Para a xustificación debe cumprirse os seguintes requisitos:

  • Entregar a documentación xustificativa no prazo establecido (1ª quincena de xullo)
  • Para acreditar os gastos, achegarase recibo bancario donde conste o pago total efectivo completo ou factura orxinal debidamente conformada emitida polo mesmo profesional por conta propia que emitiu o presuposto inicial.
  • Si o gasto xustificado é inferior ao inicialmente previsto, realizaranse os axustes no pago correspondente ao 2º prazo para que a porcentaxe de financiación non supere o inicialmente previsto polo concepto de axuda para comedor.
  • Os pagos formalizaranse sempre que a familia acredite estar ao día nos pagos.
  • Computaranse como gastos imputables á axuda os correspondentes aos pagos mensuais da cota derivada do uso do servizo de comedor, excluíndose outros conceptos (seguros, altas no servizo, fianza,…).
  • En todo caso, a non xustificación do gasto completo dará lugar ao inicio do procedemento de devolución das contías non xustificadas