Ir o contido principal

Educación lembra ós pais a necesidade de renovar o servizo de ocioteca

As nais e pais que o pasado curso solicitaron o servizo de ocioteca para os seus fillos deben de renovalo este curso si desexan seguir contando co mesmo.

Trátase dun servizo destinado ao alumnado que empregue regularmente o servizo de comedor ou transporte nas actividades extraescolares. 

A solicitude pódese facer descarregando o arquivo adxunto e envialo cuberto a educación@arteixo.org ou deportes@arteixo.org ; ou ben entregalo en man en cada un deses departamentos municipais. 

Documentos: