Ir o contido principal

Educación pon en marcha un servizo de conciliación para as mañás no CEIP Galán

O necesario cambio no CEIP Galán da forma de execución do servizo de comedor e madrugadores, leva a que a Xunta de Galicia xestione o comedor e o Concello de Arteixo o servizo de “MAÑANCEIROS” como atención aos madrugadores para aquel alumnado que necesita estar no centro antes do horario lectivo e así poidamos facilitar ás familias a conciliación tamén nos horarios previos á xornada escolar.

Como se pode acceder ao servizo? Mediante inscrición en modelo normalizado. As prazas adxudícanse por rigurosa orde de inscrición (terase en conta a hora e data de entrada a través de correo electrónico ou de entrega no departamento de Educación). Unha vez cubertas as prazas dispoñibles, as solicitudes incluiranse en listaxe de agarda.

Como se pode formalizar inscrición? Entregando o modelo no Departamento de  Educación, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) ou enviandoo ao correo electrónico (educacion@arteixo.org).

Condicións xerais do servizo:

  • Será necesario que exista un nº mínimo de persoas inscritas para a posta en marcha do servizo (5 persoas).
  • O servizo prestarase nos días lectivos estipulados no calendario escolar para o curso 2020/2021 pola Consellería de Educación.
  • O servizo atenderá ao alumnado a partir das 7 horas (de forma xeral o horario de inicio adaptarase ás necesidades) e prestarase ata a hora de entrada que se marque como horario lectivo polo centro.
  • É de obrigado cumprimento protocolo COVID vixente no centro.

Prezo Público: O determinado pola ordenanza fiscal número 34 ou normativa que a substitúa. As contías son as seguintes:

    • Servizo con almorzo: 2,50 €/día
    • Servizo sen almorzo: 1,5 €/día

Forma de pago: Aos efectos de proceder ao pago do servizo, establécese o seguinte procedemento:

    • Nos 5 primeiros días do mes emitirase recibo cos días de asistencia solicitados. Os cambios de días de asistencia deberán comunicarse antes do día 25 do mes anterior ao que se produzan para que non se inclúan no recibo.

A non asistencia ao servizo nos días solicitados non suporá a redución do prezo público agás que se comunique nas datas indicadas ao efecto ou que conste xustificante médico emitido por facultativo do servizo público de saúde. Neste caso, compensarase no mes seguinte.

    • As familias comunicarán se prefiren recoller o recibo no departamento se Educación ou recibilo a través de correo electrónico.
    • En calquera caso, deberá entregar xustificante de ter efectuado o pago. O impago dun mes implicará a baixa inmediata no servizo.

Prazo de inscrición: a partir do 2 de outubro e ata completar capacidade (según ratio que o protocolo COVID e as medidas sanitarias vixentes estipulen no momento de formular a preinscrición).

IMPORTANTE: Debido á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 a inscrición na actividade non garante a súa continuidade ao longo do curso escolar. Adaptarase ás indicacións e normativa vixente dictada en cada momento polas administracións con competencias na materia. En todo caso, rexerá o que se estableza para o centro.

 

 

 

 

 

Documentos: