Ir o contido principal

Fútbol e patinaxe animan a última fin de semana do ano

O fútbol e o patinaxe conviven na axenda deportiva desta última fin de semana do ano. 

O vindeiro sábado o Club Deportivo Fervello, organiza a Gala e Trofeo de Nadal de Patinaxe no Pazo dos Deportes en Arteixo, de 15.30 a 21.00 h

A actividade está organizada Club Deportivo Fervello en colaboración co Servizo Municipal de Deportes. Trátase dun evento homologado pola Federación Galega de Patinaxe e ademáis terá lugar unha exhibición de deportistas do club local. Estímase unha  participación de 60 deportistas de entre 4 e 19 anos.

fervello

 

Tamén o sábado 29 de decembro, terá lugar o “VIII TORNEO DE CADETES DE FÚTBOL CONCELLO DE ARTEIXO", que se celebrará no campo de fútbol de herba artificial e natural de Arteixo, en horario de 09.30h a 20.30h.

O organiza o Club Atlético Arteixo en colaboración co Servizo Municipal de Deportes, que participará xunto cos equipos de Orillamar, Cambre, Sp Coruñés, Ciudad Jardín, Sofán e Pastoriza