Ir o contido principal

Hostaleiría e comercio únense nunha nova edición do concurso de tapas

A XI Edición do concurso de tapas chega en dúas doses. Será do 25 ao 27 de Agosto e do 1 ao 3 de Setembro.  Doce establecementos hosteleiros ofrecerán en horario de mediodía e tarde-noite a sua tapa concursante para a someter a valoración do público. Son doce locais que participaron recentemente nos curso de cociña creatica que puxo en marcha o CCA en colaboración co concello. 

concurso de tapas


Entre as novidades,  amplíanse as categorías a concurso. Ademáis dos coñecidos Premio á Mellor Tapa por Xurado Popular e Premio á Mellor Tapa por Xurado Profesional, nesta edición créase o Premio ao Mellor Servizo de Sala, para premiar o labor dos camareiros e camareiras. Trátase dun galardón que patrocina, nesta ocasión, Coca Cola que con proxectos como bartalentlab.com ou hostelería #porelclima avoga pola formación e excelencia destes profesionais . Berta Ramos é a voceira do CCA. 

 

Este ano haberá tamén o sorteo de botellóns de viño, e os clientes dos bares gañadores da mellor tapa, aínda poderán optar a outros 6 premios de 50 €.

A Concelleira de Promoción Económica e desenvolvemento, Patricia Amado, destaca o papel dinamizador do emprego que supón este evento no sector. 

 

Ademáis da hostaleiría, súmase este ano, o comercio que participará activamente o 2 e 3 de Setembro coa Feira do Motor AutoArteixo que terá lugar na rúa Baldomero González no entorno do Balneario, e na que se poderán ver e mercar uns 100 vehículos de Ocasión; mentres que nas rúas peonís do centro do pobo actívase a campaña “De Tendas por Arteixo” na que os diferentes comercios disporán os seus postos en plena rúa. 

Podes ver a presentación completa desta edición no seguinte enlace