Ir o contido principal

Ibuprofeno teatro reflexiona sobre o mundo e a vida ao redor dunha "Raclette"

Escrita e dirixida por Santiago Cortegoso "Raclette", de Ibuprofeno Teatro,  chega hoxe ao Centro Cívico de Arteixo como parte do Outono Cultural. 

"Raclette" é unha reflexión sobre o mundo e a vida ao redor dunha, aparentemente inocua cea de amigos. Salvador del Río, Deborah Vukusic, Toni Salgado, Iria Sobrado e Marián Bañobre completan o elenco artístico sobre o escenario. 

A cita é ás 20.45 h e as entradas costan 3 e 4 €.