Ir o contido principal

Inicio do Expediente de equidistribución da UA-62

Pola Xunta de Goberno Local, en sesión Ordinaria celebrada por medios telemáticos o xoves 27 de agosto de 2020, aprobouse incoar o procedemento para a aprobación do proxecto de equidistribución para execución da urbanización do polígono de execución da UA-62.

De acordo co artigo 267 do Decreto 143/2016 de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016 de 10 de febreiro do suelo de Galicia publícase o inicio do expediente para o seu xeral coñecemento.

Notificarase individualmente o inicio do expediente aos titulares de dereitos afectados pola actuación proposta.

Así mesmo, estarase ao dispor dos interesados na sede electrónica deste Concello.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben intentada a mesma non se puidera practicar, sirva o presente de notificación coa finalidade e alcance que se contemplan no artigo 44 da Lei 39/2015 de 1 e outubro de Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas

 

Documentos: