Ir o contido principal

Inscrición nas Actividades do programa "Cultiva o teu lecer"

  • SORTEO PÚBLICO para determinar a letra do abecedario polo cal se comezará a ordenar a lista de persoas admitidas. Día 15 de maio ás 12:00 no Salón de Plenos.

Efectuado o sorteo a letra resultante é a N.

  • PRAZO DE SOLICITUDE E PAGO DE MATRÍCULA:

Do 5 ata o 14 de xuño. Neste prazo as actividades nas que se inscriban deberán quedar pagas.

A inscrición poderá efectuarse:

  • PRESENCIALMENTE NO CENTRO DE MAIORES A BAIUCA en horario de 9:00 a 13:30. Días 11 e 12 tamén horario de 16:00 a 19:00 horas.
  • PRESENCIALMENTE NO CENTRO SOCIAL DE MEICENDE nos seguintes horarios: De 9:00 a 13:30 horas.
  • POR CORREO ELECTRÓNICO: Remitindo a folla de inscrición xunto co xustificante de ingreso bancario ao correo baiuca@arteixo.org. A solicitude non quedará rexistrada ata non obter resposta confirmatoria desde o centro A Baiuca.

A folla de solicitude estará dispoñible nos Centros Sociais, no Centro de Maiores A Baiuca e poderá descargarse na páxina web municipal.

As prazas asignaranse segundo o número dispoñible en cada actividade/centro, seguindo a orde da letra do alfabeto sorteada. De superárense as solicitudes, a persoa inscrita asignaranse nos centros nos que queden vacantes para esa mesma actividade.

DE QUEDAREN PRAZAS VACANTES NAS ACTIVIDADES

Se despois do período de inscrición quedaran prazas vacantes abrirase un novo período de solicitudes e de pagamento, deste xeito:

 

  • Solicitudes para prazas vacantes: 4, 5 e 6 de setembro, nos centros A Baiuca e Meicende. Horario de 9:00 a 13:30.

A actividade non se realizará se non se completou o mínimo de inscricións o día 6 de setembro.

DE QUEDAREN PRAZAS VACANTES: Abrirase a inscrición para as persoas non empadroadas, que será o día 13 de setembro en horario de 9:00 a 13:30. Presencialmente no Centro de Maiores A Baiuca.

O grupo deberá ter inscritas, ao menos, 8 persoas empadroadas en Arteixo.

DE QUEDAREN PRAZAS VACANTES: Continuarase coa inscrición despois do día 7 de outubro.

horarios