Ir o contido principal

As instalacións deportivas prepáranse para reabrir na terceira fase

As instalacións deportivas municipais de xestión directa do Concello de Arteixo abrirán coas condicións establecidas neste documento, a partir da entrada en vigor da fase III do Plan para a transición cara unha nova normalidade (previsiblemento a partir do luns 8 de xuño).

Este protocolo será plenamente vinculante sen prexuízo das normas que se publique por parte da autoridade competente durante o transcurso da pandemia. Nesta fase da desescalada o obxectivo será a recuperación gradual dos adestramentos. A práctica deportiva será individual ou que se poida desenvolver por un máximo de dúas persoas no caso de modalidades así practicadas, sempre sen contacto físico mantendo as debidas medidas de seguridade e protección, e en todo caso a distancia social de seguridade de dous metros.

O protocolo sinalado será de obrigado cumprimento por parte dos usuarios que queiran facer uso das instalacións deportivas municipais (en adiante IDM) En todo caso, o cumprimento deste protocolo corresponderá aos usuarios cando practiquen actividade física baixo a súa exclusiva responsabilidade.

Poderanse permitir adestramentos de tipo medio, consistente no exercicio de tarefas individualizadas de carácter físico e técnico, así como na realización de adestramentos tácticos non exhaustivos dirixidos á modalidade deportiva específica, en pequenos grupos de varios deportistas ata un máximo de vinte, mantendo distancias de seguridade de dous metros de xeito xeral, e evitando en todo caso, situacións nas que se produza un contacto físico

Poderán acceder ás IDM os deportistas de alto nivel, de alto rendemento, profesionais, federados e persoal técnico.

Non se poderán utilizar os vestiarios das instalacións.

Concertación de cita a través do correo electrónico deportes@arteixo.org no modelo normalizado no anexo I con 72 horas de antelación. Unha vez confirmado polo Servizo Municipal de Deportes deberán presentarse ao persoal de conserxería das IDM para o seu rexistro e verificación de horario e instalación

bado

 

Documentos: