Ir o contido principal

Ler conta moito

A maxia de Francisco J. Otero abre o próximo 27 de setembro unha nova campaña de animación á lectura que chegará, ata finais de outubro, a cada unha das salas que integran a Rede de Bibliotecas Municipais.

O programa "Ler Conta Moito" , que poñen en marcha a Xunta de Galicia e as diferentes bibliotecas dependentes dos concellos de Galicia,  chega a Arteixo para animar o outono nas bibliotecas de Oseiro, Meicende, Pastoriza, O Froxel e Arteixo.

As actividades, que inclúen obradoiros, maxia, ilustración, teatro, ou poesía, diríxense á rapazada de 4 a 11 anos e serán desenvolvidas por profesionais como Trécola Teatro, Manuel Campos, Teatro Caravela ou Iria Piñeiro entre outros. 

Para máis información chamade ao teléfono 981 659108 ou no correo electrónico biblioteca@arteixo.org.

Ler conta moito


 

Documentos: