Ir o contido principal

Magosto na praza do Balneario

A Praza do Balneario é o lugar escollido para celebrar, un ano máis, o tradicional Magosto, a festa máis recoñecible do outono. 

Será entre as 17.00 e as 20.00h e non faltarán as tradicionais castañas asadas, os xogos da rapazada, cantigas ou as caras ciscadas das persoas asistentes.

Acompañará este evento a Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo, a Asociación CulturaTriskell de Armentón, o grupo de pandereteiras e cantadoras As Revolteadoras de Arteixo e colaboran a Asociación Cultural Carocos, o Concello de Balboa e o Concello de Arteixo.