Ir o contido principal

Máis de 200 personas solicitan praza nas escolas deportivas municipais

207 personas solicitaron este ano a súa participación nalgunha das escolas deportivas municipais. O pilates, segue a ser a actividade máis demandanda con 111 solicitudes do total, seguida de Ioga que acapara 28 solicitudes; e atletismo que chega aos 14. 

A oferta deportiva deste ano inclúe outras disciplinas como o tenis ou recuperación funcional. Os participantes pagarán, dependendo da que escollan e o número de días de práctica, entre 20 euros como mínimo e 85 euros. 

O vindeiro mércores 7 de outubro celebrarase ás 11.00 h no Pazo dos Deportes o sorteo de prazas para as Escolas Deportivas Municipais.

No caso dos grupos donde o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, procederase á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido. Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.

A exposición pública da listaxe de persoas admitidas será a partir do 8 de outubro na páxina web municipal e no Servizo Municipal de Deportes. As persoas admitidas terán un prazo (8 – 15 de outubro) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza.

De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións a partir do 19 de outubro.