Ir o contido principal

Máis de 800 escolares na Semana da Ciencia e a Enerxía

A Refinería de A Coruña e a Fundación REPSOL traen a Arteixo a Semana da Ciencia e a Enerxía que baixo o lema "Divírtete aprendendo" programa actividades de ocio educativo para máis de 800 estudiantes dos centros escolares de Arteixo, Carballo e Laracha. 

A iniciativa, que se enmarca dentro do Arteixo Innovación que impulsa a Concellería de relacións coa comunidade educativa, inclúe preto de 50 talleres e seis pases dun espectáculo científico.  

Durante esta semana o Centro Cívico e Cultural acolle os “Talleres de Aprendenergía” dirixidos a escolares de 5º e 6º de primaria e 1º de secundaria. Os estudiantes de 2º de secundaria participan nos “Talleres Tinkering”, onde aprenderán -creando e innovando-, a buscar solucións en equipo fronte aos retos enerxéticos máis sorprendentes.

O espectáculo científico "Ciencia ao grande" terá seis pases e completará o contido das actividades no que os alumnos disfrutarán en directo de experimentos sorprendentes. 

Repsol tamén estará presenta na Tecnociencia que prepara o concelo para o xoves día 9 no  Campo da Festa. A compañía trasladará alí, entre as 16:30 e as 20:00 horas o taller educativo “A carreira do mix enerxético” onde os pequenos de 6 a once anos poderán aprender xogando as fontes das enerxías primarias ou a xestionar a enerxía de forma sostible. Tamén poderán visitar unha plataforma petroleira a través dun stand de realidade virtual. 

repsol