Ir o contido principal

Máis de douscentos deportistas unha nova xornada de liga de augas pechadas de Salvamento Deportivo

A piscina municipal de Arteixo acolle o vindeiro domingo 14 de xaneiro a 3ª xornada de liga de augas pechadas da zona norte de Salvamento Deportivo, organizada polo Club Salvamento Arteixo en colaboración co Servizo Municipal de Deportes.

Máis 150 nenos e nenas daranse cita en horario de mañá na que será a última xornada de inverno antes dos campionatos galegos.

Xa pola tarde 110 socorristas de Cerceda, Carballo, Sada, Laracha e Arteixo medirán as súas forzas 3 semanas antes da cita autonómica que se celebrará a fin de semana do 3 e 4 de febreiro na cidade de Ourense.

A xornada de mañan comenzará as 10h e a de tarde as 16h30. Espérase unha gran afluencia de público sobre todo nas primeiras horas da mañá.

Salvamento