Ir o contido principal

Mari Carmen Verdía "Muller de Arteixo 2021"

Mari Carmen Verdía, traballadora sanitaria no Hospital Quirón e directora de Cáritas Arteixo, é a "Muller de Arteixo 2021".

Este premio instaurado no concello de Arteixo hai cinco anos,  serve para recoñecer o papel das mulleres na sociedade. Neste caso Mari Carmen Verdía simboliza a labor dos traballadores sanitarios durante a pandemia e a labor solidaria de ONG como Cáritas.

O recoñecemento realizouse no marco da inauguración dunha exposición sobre o papel da muller na sociedade de Arteixo instalada na avenida do Balneario, na que estiveron presentes o alcalde Carlos Calvelo e a concelleira de Servizos Sociais, Inés Ramos.

cim