Martín e Daniela son os nomes máis comúns dos arteixáns nacidos en 2018
O Día da árbore, o 23 de marzo próximo, servirá un ano máis para homenaxear aos nacidos en Arteixo durante o pasado ano 2018.
Foron 255 nacementos nos que predominan os nomes de Martín e Daniela. Todos os nomes colocaranse en placas baixo árbores autóctonas no tradicional día da árbore que, este ano, se celebrará na Área de O Seixedo.
Será a partir das 12.00h.
As iniciativas con motivo deste día comezan xa a semana próxima cando escolares de distintos centros, en colaboración cos departamentos de medio ambiente e educación realizarán plantacións de árbores en distintos puntos do municipio.