Ir o contido principal

Mascarillas, luvas e traxes de protección chegan ao concello

Arteixo acaba de recibir por parte da Xunta de Galicia un envío de material dentro da campaña que o ente autonómico está realizando de apoio aos concellos en relación coa crise do coronavirus.

O Concello recibuiu hoxe 1.700 luvas, 295 mascarillas e 133 traxes, que  se entregarán aos traballadores municipais que realizan labores de risco relacionadas coa crise sanitaria. 

O Concello xa acomete tarefas de desinfección cada día nos contedores do lixo así como en lugares de tránsito como os centros de saúde e as zonas comerciais. Hoxe comezará a funcionar un atomizador que se encargará de desinfectar todas as rúas dos distintos núcleos urbanos e rurais do municipio.