Ir o contido principal

Meicende e A Baiuca acollen novas edicións do campionato de tute

O Campionato de tute alcanza este ano a súa quinta edición e xa é unha referencia no calendario anual nas actividades dos centros sociais de Meicende e A Baiuca. 

O novo torneo disputarase en ambas sedes o 12 de marzo próximo e para participar hai que ser maior de 55 anos. Só se admitirán 22 parellas, e seis suplentes, en cada unha das sedes. 

Os interesados deben de formalizar a súa inscrición os días 25, 26 e 27 de febreiro e pódese facer tanto en Meicende como no centro social de A Baiuca, de 9 da mañá a unha do mediodía.

Tanto en Meicende como en Baiuca as partidas xogaranse de  catro a sete da tarde. Os mércores en Meicende e os martes en Baiuca.