Ir o contido principal

Meicende estrea praza

A nova praza de Meicende, situada entre a Avenida de Butano e a Rúa Valladolid, abriu hoxe ao público. 

Trátase dun espazo de ocio de 3.100 m2 no que se investiron 530.000 euros e que serviu ademáis para eliminar un tapón de tráfico na rúa Valladolid na que se derribou unha casa ruinosa despois de a expropiar. A medida, ademáis de ampliar a rúa permite variar o traxecto da liña 6 do autobús urbano coruñés que, a partir de agora, realizará o seu traxecto de forma máis rápida e segura. 

A nova praza contará nas próximas semanas con canastras e porterías para poder ser utilizada como área deportiva. No futuro tamén albergará o edificio Arteixo Concilia, con centro de día e ludoteca e que se edificará nunha parcela, dentro do conxunto, de 1.100 metros cadrados. O edificio financiarase con fondos FEDER dentro das diferentes liñas de inversión dos 5 millóns de euros concedidos a Arteixo pola Unión Europea. 

Meicende