Ir o contido principal

A mesa municipal sobre violencia de xénero traballa no ámbito escolar

Todos os centros educativos de Arteixo e as ANPAS de cada un dos niveis educativos estiveron presentes nunha nova edición da Mesa Municipal sobre a Violencia de Xénero que periódicamente se reúne para analizar a situación das desigualdades por xénero ou a violencia machista no noso concello. 

O encontro serviu para planificar o traballo conxunto que se levará a cabo en materia de prevención da violencia machista. Tamén serviu para que a concelleira de igualdade, Inés Ramos, presentara novos materiais e xornadas de formación que se adicarán ás familias, así como o programa que se implantará para o alumnado a través dos centros educativos. 

A xornada aludiui por último á atención a posibles vítimas e explicouse novamente o protocolo de actuación e coordinación, que se puxo a disposición dos asistentes.

A concelleira agradeceu o interés e o esforzo pola coordinación de todos as implicadas tendo en conta o esforzo de conciliación que supón para as familias a participación pero considerando que a implicación social é clave na prevención e rexeitamento da violencia de xénero e familias e escola son axentes fundamentais.