Mobiliario para os centros sociais
O Concello decide reforzar, con 50.000 euros, a partida presupostaria adicada á dotación de mobiliario nos centros sociais.
A decisión susténtase na necesidade de dotar de mobiliario á ampliación do Centro de Armentón e mellorar ou cambiar o que xa existe nos centros de Oseiro, A Lagoa e Rañobre.
O mobiliario no centro de Oseiro será o final dunha obra que supuxo unha nova área de ocio na parroquia, A inversión, entre a compra de terreo e a obra, elévase ata os 700.000 euros. O novo equipamento de Oseiro supón un centro cívico de 300 metros cadrados e uinha zona de ocio de 700 m2 con xogos infantis e zona biosaudable para adultos.
Armentón, que arestora está a se ampliar cunha planta máis tal e como estaba proxectado dende a súa construcción inicial tamén recibirá novo mobiliario así como os centros de A Lagoa e Rañobre.