Ir o contido principal

Modificación Puntual das Normas Subsidiarias de Planeamento para clasificar como solo urbano o Polígono Industrial de Suevos

Mediante Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, do 7 de maio de 2020 aprobouse definitivamente a Modificación Puntual das Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Arteixo (A Coruña) para clasificar como solo urbano o Polígono Industrial de Suevos, para os efectos do artigo 60.16 da Lei do Solo de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia nº 100 de data 26 de maio de 2020 publicouse a devandita Orde, e por Resolución da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo de data 21 de agosto de 2020 ordenouse a inscrición da citada Modificación Puntual no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, sendo rexistrada co número RPG 00052/2020

Dando cumprimento á citada Orde procedeuse á publicación da Normativa e Ordenanzas no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña do día 18 de setembro de 2020.