Ir o contido principal

A muller é o centro da XIX edición da Feira Histórica

Mulleres anónimas. Obreiras, campesiñas e figuras da aletargada burguesía que se saíron do seu estatus como Emilia Pardo Bazán son o fío condutor dunha nova edición da Feira Histórica Arteixo 1900 que se desenvolverá os próximos 19, 20 e 21 de outubro. 

Feira 1900

No recordo, o 18 de xaneiro de 1918 cando centos de mulleres decidiron, en A Coruña, asaltar e repartir os alimentos que requisaran nos peiraos e nas lonxas do centro ou nos almacéns dos barrios convertindo aquela data nunha das máis importantes revoltas femininas ante a falla de alimentos e o encarecemento do productos básicos. 

A nova edición da Feira Histórica homenaxea a esas mulleres anónimas e non perde de vista nomes tan importantes como Virginia Woolf, Simone de Beauvoir, Rosalía de Castro ou Frida Kahlo, todas elas figuras capitais na reivindicación e consecución do papel da muller na sociedade. 

A programación, tres días repletos de actividade, contempla citas xa tradicionais como as carreiras de carrilanas,(documentos de inscrición e autorización adxuntos)  a cea histórica ou a taberna de Picadillo. Ademáis as rúas énchense, durante tres días, de actuacións, música, "performances" e teatro coas mulleres como eixe central. 

Feira 1900