Ir o contido principal

Música e natureza para o nadal máis activo

Panxoliñas, danzas de Nadal, decoración sostible, postais naturais, eco-adornos, papiroflexia, doces, ou xogos do mundo. O campamento "Nadal Natural" ocupará o tempo de lecer dos máis pequenos entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro. Será en horario de 10 a 14 na aula de natureza municipal e no centro de Agarimo. 

A Concellería de relacións coa comunidade educativa propón, como cada ano, unha alternativa de ocio para os máis pequenos á vez que axuda ós proxenitores a conciliar as vacacións dos nenos coa súa vida laboral. 

O V Campamento Verán Natural pretende fomentar nos participantes o consumo responsable, respecto polo entorno natural e cultural, a educación en valores,e a creación colaborativa. Poderá participar, ata un máximo de 30 prazas, a rapazada de Educación Infantil e Primaria pertencente a familias empadroadas. Costa 36 euros. 

O laboratorio musical alcanza este ano a súa quinta edición e ten, entre os seus obxectivos, analizar como a música posúe a capacidade de provocar diferentes emocións. A actividade terminará coa posta en escea dunha representación a través de traballos manuais e plásticos, atrezzo, actividades musicais e informática musical.

Será entre o 26 de decembro e o 5 de xaneiro e dispón dun máximo de 30 prazas. O seu custe é de 32 euros.