Ir o contido principal

A música protagoniza unha nova edición da Feira 1900

Mercado histórico, baixada de carrilanas, xogos tradicionais e populares, a inevitable taberna de Picadillo, fútbol de época ou a concorrida cea baile volven un ano máis para protagonizar un dos eventos festivos marcados con tinta especial no calendario de Arteixo. 

A Feira Histórica 1900 adica este ano o seu repertorio de actividades á música que se unirá, en forma de concertos e obradoiros, ós habituais desta cita. 

Será os próximos 13,14 e 15 de outubro.  A apertura do mercado 1900, o venres 13 ás 17 h, abrirá esta XVIII edición na que se agarda, como cada ano, a visita de milleiros de persoas chegadas de distintos puntos da comarca e a comunidade galega.