Ir o contido principal

Non sin Carballo e Laracha

"Arteixo non estará nunha área metropolitana sen Carballo e A Laracha". Carlos Calvelo amósase tallante ó afirmar que o concello de Arteixo non formará parte dun área na que non se inclúan os concellos bergantiñáns. 

É unha das conclusións do encontro que o primeiro edil mantivo onte cos seus colegas de Laracha, José Manuel López Varela; e Carballo, Evencio Ferrero. 

O alcalde Carlos Calvelo aposta polo porto exterior como nexo de unión entre os municipios e avoga pola creación dunha área loxística que vincule ós tres municipios e se convirta nunha oportunidade para dar resposta ás necesidades que presentará a curto prazo a nova dársena.

Os tres edís analizaron cuestións comúns ós tres municipios e apostaron por traballar de forma conxunta para favorecer o desenvolvemento e potenciación da zona industrial que conforman os tres municipios. Trátase de sacar o máximo partido ás posibilidades que ofrece na xeración de emprego e no desenvolvemento económico e social, os tres Concellos deben traballar xuntos no estudo, análise, potenciación e busca de solucións en tres piares esenciais: a industria, a loxística e a formación.

Os tres rexedores coincidiron en valorar de xeito moi positivo esta reunión, que “será a primeira de moitas”. 

Alcaldes