Ir o contido principal

Nova aposta pola seguridade vial da man de "Stop Accidentes"

O concello de Arteixo e a asociación Stop Accidentes unen esforzos para poñer en marcha un proxecto piloto de seguridade centrado na creación dun camiño ANCAS que finalizará no CEIP Arteixo e que podería se extender posteriormente a outros centros educativos.

A.N.C.A.S é a "Asociación de Niños y Niñas Caminantes por un Ambiente Sostenible y Seguro", que Stop Accidentes.define como os camiños escolares máis seguros de cada centro, identificando as rutas co símbolo da “Rá de San Antón”, que sae cando chove.

STOP Accidentes deseña o camiño escolar baseado na participación cidadá, que incorpora a práctica de hábitos saudables e valores de convivencia na mobilidade, co obxectivo de lograr entornos urbanos máis seguros e sostibles.

A delegada de Stop Accidentes en Galicia, Jeanne Picard, formalizaou este acordo xunto co alcalde Carlos Calvelo e o coordinador de seguridade do concello, Daniel Sánchez.

stop accidentes