Ir o contido principal

Novas axudas e subvencións da Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ven de publicar as seguintes axudas e subvencións:

- DOG nº68 do 13.04.2021 – Resolución do 18 de marzo da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvención para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría ou artístico-recreativas (programa Bono enerxía peme), procedemento IN417Z.

Enlace DOG.

- DOG nº69 do 14.04.2021 - Orde do 8 de abril da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas de Galicia, a través dos bonos Activa comercio.

Enlace DOG.