Ir o contido principal

Novas isletas de contedores chegan esta semana ás parroquias

O Concello instala esta semana 21 novas isletas, con cinco contedores cada unha, en diveros puntos do municipio. Trátase de reforzar o novo sistema de recollida e reciclaxe en todo o territorio municipal. As novas isletas únense asíaos 2000 contedores que xa se instalaran o pasado ano coa posta en marcha do novo sistema de xestión dos residuos. 

As isletas de cinco contenedores que se están instalando cumplen cos parámetros de reciclaxe que pide a Unión Europea, e Arteixo é o primeiro concello que as instala en Galicia. Estes elementos permiten reforzar a reciclaxe de orgánicos, vidrio, papel-cartón, envases lixeiros e a denominada fracción resto que inclúe todos aqueles elementos que non entran  nas outras fraccións e tamén está destinada a aqueles veciños que non haxan podido separar os seus residuos domésticos.

Nesta liña o concello tamén acaba de adquirir un pequeno camión con maquinaria especializada no lavado dos contedores, unha operación que ata o de agora levábase a cabo por outros medios que agora, co novo vehículo, mellorará en rapidez e eficiencia.