Ir o contido principal

As novas restriccións suspenden as actividades sociais

As novas restriccións ordeadas pola Xunta de Galicia en toda a comunidade autónoma obrigan ao concello de Arteixo a suspender, ata novo aviso, as actividades que organiza a concellería de servizos sociais. 

Trátase das actividades enmarcadas no programa "Cultiva o teu lecer" e que desenvolven en diferentes centros cívicos do municipio máis de 400 usuarios este curso. As modalidade engloban dende restauración, baile moderno, danzas do mundo,  pintura, arte floral, labores, bolillos, pandeireta, debuxo, Patchwork, ou estimulación articular entre outras .