Ir o contido principal

Novembro trae de volta as tradicionais xornadas de micoloxía

Revalorizar o medio rural e promover o respecto pola natureza son só dous dos obxectivos que perseguen as tradicionais e prestixiosas xornada de micoloxía que cada outono, dende hai catorce anos, organiza e promove o departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo. 

A iniciativa trata de axudar ós participantes a identificar as distintas especies de fungos, discernindo cales teñen valor culinario e cales non, cales son tóxicas ou cales son mortais.; a coñecer os cogomelos típicos de Galicia; e a comprender a función que os cogomelos realizan no medio natural. 

As XIV xornadas de micoloxía se desenvolverán o 21 e o 22 de novembro próximos. Costan 5 euros e hai un máximo de prazas que se asignarán por sorteo en caso de superarse o límite. Para se apuntar, entre o 14 e o 19 de novembro, hai que facelo a través do rexistro xeral. 

As xornadas, como ven sendo habitual, contarán cun apartado adicado á gastronomía e unha saída ó campo para poñer en práctica os coñecementos adquiridos.

Micoloxía

 

Documentos: