Ir o contido principal

O bus interparroquial comeza a operar entre Meicende e o centro médico de Arteixo

O Concello e a empresa Arriva comezan a operar ás once da mañá a primeira liña de transporte interparroquial que conectará Meicende co centro médico de Arteixo. 

Serán once expedicións ao longo da xornada e o percorrido dispón de 27 paradas. 

Trátase dun servizo gratuito durante os dous primeiros días como parte da promoción da mesma entre os veciños. Despois será gratis para os menores de 18 anos. Terá un prezo reducido, 0'86 céntimos para os que posúan a tarxeta de transporte metropolitano. 

A liña funcionará de luns a sábado con expedicións que comezarán ás once da mañá e unha periodicidade dunha hora. O servizo rematará ás 18 h. 

As paradas distribúense de forma circular ao longo da AC-415 e a AC-552. Na liña das 14.00 h se incorporará unha parada máis nos institutos de secundaria para que poda dar servizo aos alumnos ás 14.20 h. 

paradas