Ir o contido principal

O cambio da fachada inicia a reforma do centro de saúde

A inversión para a mellora do centro de saúde de Arteixo ascende a 279.000 euros dos que 219.000 saen das arcas municipais. 

Os traballos, que comezaron hai uns días, abordan nun primeiro tramo a mellora da fachada. Preténdese recuperar totalmente coa reparación das fisuras existentes para a recubrir, posteriormente, de paneis trasventilados cerámicos de gran formato, que terán unha maior resistencia á abrasión e unha reducida absorción de auga.

A reforma deste centro de saúde, pendende dende hai máis dunha década, así como a mellora do PAC, era unha necesidade acuciante, e unha demanda insistente de usuarios e profesionais, para un edificio de máis de 25 de antigüidade.    

Centro de saúde de Arteixo