Ir o contido principal

O campionato de Tute para maiores regresa a Meicende e Baiuca

O Campionato de tute alcanza este ano a súa vixésimo segunda edición e xa é unha referencia no calendario anual nas actividades dos centros sociais de Meicende e A Baiuca. 

O novo torneo disputarase en ambas sedes e para participar hai que ser maior de 55 anos. Só se admitirán 22 parellas, e seis suplentes, en cada unha das sedes. 

Os interesados deben de formalizar a súa inscrición os días 12 e 13 de marzo en Meicende  e do 4 ao 11 de marzo en A Baiuca. 

O torneo comezará, no caso de A Baiuca, o 17 de marzo e xogarase os martes de catro a sete da tarde. En Meicende as partidas comezan o 18 de marzo e xogarase os mércores no mesmo horario. 

tutebaiuca