Ir o contido principal

O campo de fútbol de Pastoriza costará máis de dous millóns de euros

O pleno ordinario de marzo aproba mañá a expropiación dos terreos necesarios para a construcción do novo campo de fútbol de Pastoriza así como a urbanización do seu entorno. O proxecto terá un coste de 3'5 millóns de euros dos que 2'5 millóns serán para o campo deportivo.   

A construcción deste recinto deportivo, unha das demandas históricas da parroquia, suporá a urbanización de 32.000 m2 de terreos que incluirán a apertura de novas rúas, como a que comunica Suevos e Pastoriza,  así como a creación de zonas de aparcamento.  

O campo de fútbol é nos últimos anos unha demanda constante da S.D. Pastoriza que é o único clube de fútbol do municipio con categorías inferiores que non dispón de campo propio. 

As instalacións deportivas previstas para esta parroquia se completarán coa nova piscina prevista para unha zona situada ó lado do embalse de Meicende, e que dará servizo ós veciños de toda a parte norte do municipio. 

campo pastorizacampo pastoriza