Ir o contido principal

O Concello ampliará o centro social de Rorís

FSE

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe a ampliación do centro social de Rorís, en Armentón. 

A obra, que costará 265.000 euros e incrementará a superficie útil en 240 metros cadrados nunha nova planta, servirá para ampliar o número de actividades que se desenvolven no centro tal e como viñan demandando os veciños. 

O proxecto inicial xa deixara previsto, no ano 2015, a posibilidade desta ampliación que agora se acomete. Daquela se invertiran no mesmo preto de 300.000 euros.

O edificio xa dispón actualmente de dependencias destinadas á escola infantil, e un centro polivalente que servirá como sala de reunión diaria para os veciños. Hai outra sala similar para todo tipo de actos ademáis dunha planta soto que se usa como almacén e despachos. O conxunto intégrase nunha praza pública anexa que dispón dun lavadoiro e unha parada de autobús. 

Rorís