Ir o contido principal

O Concello de Arteixo, coa colaboración da Xunta de Galicia, pon en marcha unha nova edición do Programa Integrado de Emprego “Arteixo-Integra 2019-2020”

logo

 

 

 

Os Programas Integrados teñen por obxecto a mellora da ocupación e a inserción laboral das persoas traballadores en situación de desemprego, mediante a posta en marcha dun plan integral que combine accións de información, orientación, asesoramento, formación transversal en novas tecnoloxías, técnicas de intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego.

O Programa Integrado “Arteixo-Integra 2019-2020” beneficiará un total de 100 persoas desempregadas de Arteixo dos seguintes colectivos: menores de 30 anos, maiores de 45 anos, persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción e mulleres.

O novo programa inclúe accións de formación específica de:

  • caixeiro/repoñedor/operario de almacén,
  • operario de almacén/produtos de pesca
  • atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (certificado de profesionalidade),
  • axudante de cociña,
  • operacións básicas de restaurante e bar,
  • monitor de tempo libre/comedor/transporte escolar,
  • operario de limpeza

O alumnado tamén recibirá formación transversal en: prevención de riscos laborais, manipulador de alimentos, peixe e alérxenos, marca persoal, emprego 2.0, emprendemento...

Importante: as persoas interesadas en formar parte do Programa Integrado deben pasar polo Dpto. de Promoción Económica do Concello, situado no Centro Arteixo Innovación, Avda. Arsenio Iglesias, Parc.46.

logo