Ir o contido principal

O Concello de Arteixo presenta a Feira Histórica Arteixo 1.900 na xornada de Cultura e Sociedade en Galiza

O vindeiro mércores 25 de abril, o noso concello tomará parte na xornada de Cultura e Sociedade en Galiza, celebrada no Pazo de Mariñán (Bergondo), onde será presentando o proxecto da Feira Histórica Arteixo 1.900 do Banco Galego de Boas Prácticas en Xestión Cultural.

No pasado mes de decembro, a vicepresidenta e deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, presentou unha web onde se recolleron 100 proxectos culturais de boas prácticas no noso país entre os que foi seleccionada a Feira Histórica.

Con esta iniciativa, pretendíase dar maior visibilidade aos proxectos culturais que se están a desenvolver en Galicia, sobre todo aqueles que aportan uns niveis óptimos de calidade e son aprezados pola cidadanía.

Nesta xornada, a coordinadora técnica de cultura do noso concello presentará a Feira Histórica Arteixo 1.900, que conta con dezaoito edicións, como unha experiencia cultural local de gran relevancia e agarimo para a veciñanza de Arteixo.

Finalmente, faráselle entrega á Concelleira de Cultura e Festas, Ana Bello, por parte da Deputación e da AGPXC, a placa acreditativa das Boas Prácticas en Xestión Cultural.