Ir o contido principal

O Concello enviará 52.000 mascarillas a todos os domicilios do municipio

O Concello enviará a través de Correos 52.000 mascarillas a todos os domicilios censados do municipio.

A medida chega despois dun acordo entre a administración local e correos para enviar un paquete con catro mascarillas a todos os domicilios del municipio. Trátase de asegurar que a meirande parte dos veciños poden ter á súa disposición unha mascarilla no caso de que teñan que acodir a un lugar onde non sexa posible respetar as distancias de seguridade con outras persoas.

Como indica o Ministerio de Sanidade, o uso de mascarillas está recomendado no caso de que se compartan espazos con outras persoas coas que non se poda respectar a distancia de seguridade. 

O concello de Arteixo quere agradecer á empresa Jevaso a súa colaboración á hora de empaquetar, ensobrar e poñer as direccións no material conseguido polo concello e que Correos xa ten á súa disposición para comezar o reparto, que se prolongará seis o sete días, a partir do mércores próximo.