Ir o contido principal

O Concello inviste preto de 40.000 euros en axudas á mobilidade para personas con diversidade funcional

O goberno local leva a pleno, en sesión extraordinaria, as axudas á mobilidade destinadas ás personas con diversidade funcional que acrediten algún tipo de dependencia. A concellería de servizos sociais que dirixe Inés Ramos, calcula que neste concepto se investirán preto de 40.000 euros. 

As axudas materialízanse nun transporte público de carácter social de axuda ao desprazamento programado e non urxente para achegar ás persoas con dependencia a centros, programas e servizos. Para poder optar a este servizo hai que estar empadroado en Arteixo, ter recoñecida a situación de dependencia en calquera dos seus graos conforme á normativa aplicable ou recoñecida, según a normativa que resulte de aplicación; e sufrir a imposibilidade de transportes colectivos motivada por esas situación de dependencia. 

Os taxistas de Arteixo ocúpanse actualmente deste servizo despois do acordo alcanzado co colectivo, e ofrece a posibilidade, neste caso, de utilizar vehículos aptos para persoas con discapacidades severas. O acordo, ademáis de axudar ás persoas con diversidade funcional, permite dinamizar de forma efectiva a economía local a través destes pequenos empresarios.