Ir o contido principal

O Concello pon en marcha o proxecto de transporte interparroquial

O Concello e a empresa Arriva poñerán en marcha, no prazo dun mes, novas liñas de transporte que permitirán conectar o núcleo urbano de Arteixo con Meicende, Pastoriza, Oseiro e Vilarrodís. Trátase dunha liña circular que funcionará durante todo o día con distintas frecuencias e paradas. 

O executivo explica que se trata dunha experiencia piloto que servirá para obter datos que no ano 2019 se aplicarían para as instaurar de forma definitiva. O Concello adquiriría os autobuses necesarios según o consignado para esa fin nos fondos FEDER da Unión Europea. 

A iniciativa contempla ademáis unha liña de transporte baixo demanda para os usuarios das parroquias de Monteagudo, Sorrizo, Chamín, Larín, Uxes, Loureda, Suevos, Rañobre Lañas e Barrañán. 

O proxecto forma partedunha das liñas de actuación do plan NovoArteixo que a Unión Europea financia con cinco míllóns de euros e que busca a mobilidade de forma sostible.