Ir o contido principal

O Concello presenta ante a Xunta novos informes contra o tendido eléctrico que afecta ao seu territorio

O Concello ven de presentar diante da Xunta de Galicia novos informes en contra da instalación dunha liña eléctrica de 13,6 km no seu territorio entre as parroquias de Monteagudo e Morás. 

Arteixo reforza así a súa posición contra un proxecto que atenta contra o interés medioambiental e para o que se solicitan novos estudios de forma que a construcción non perxudique ao territorio municipal. 

O alcalde, ademáis de establecer por escrito a súa oposición a este proxecto, está pendente da resposta de Acciona a unha xuntanza con directivos da empresa na que xa amosou a súa oposiciòn ao trazado proposto e na que solicitou alternativas. A empresa amosou daquela a súa disposición para valorar novos trazados. 

Carlos Calvelo oponse frontalmente a este proxecto que conectaría un parque eólico na zona de Monteagudo con unha subestación no polígono de Morás. Calvelo advertiu á empresa dos perxuizos medioambientais que supón para o territorio a construcción de 47 torres eléctricas que atravesarían varios entornos de gran importancia natural e paisaxística na zona sur do municipio. 

O primeiro edil sinalara nun escrito presentado como alegación no trámite de exposición pública do proxeto que  “o trazado proposto no proxecto atravesa 13.600 metros no territorio de Arteixo, por tanto en Reserva da Biosfera, afectando de cheo á paisaxe, medio ambiente e sustentabilidade deste amplio territorio, afectando de forma crítica e irreversible ás unidades de paisaxe que recoñece o POL de Xermaña, Sorrizo, Barrañán, Vales de Barrañán, Lañas, Rego dás Pontellas e Val do río Arteixo ( Bolaños). Así mesmo, impacta notablemente no val de Loureda que corta transversal e lonxitudinalmente, en case 3 quilómetros”..

Calvelo tamén indica que pódese acadar o mesmo obxectivo sen ocasionar perxuizos medioambientais. Carlos Calvelo espera que se atendan as súas peticións e se busque unha solución técnica diferente para transportar a electricidade deste parque eólico. 

Pódes consultar nos arquivos adxuntos o escrito presentado ante a Xunta de Galicia. 

 

 

Documentos: