Ir o contido principal

O Concello saca a exposición pública o seu plan de accesibilidade

O Concello sacará esta semana a exposición pública o seu plan de accesibilidade. Trátase de detectar as zonas de maior urxencia de actuación en temas de accesibilidade para despoir desenvolver as melloras oportunas. 

O plan detalla actuacións que suman un importe de 5'5 millóns de € ata o ano 2024. Inclúense fichas detalladas de diversas zonas do municipio sobre as que se actuará pero ao se tratar dun documento aberto, aínda poderían intruducirse novos proxectos. 

O obxectivo da accesibilidade universar é a eliminación de barreiras que impiden o acceso de todas as personas ao seu entorno físico e ás redes de servizos e dotacións. O plan dimensiona económica e temporalmente as actuacións que permitirán a eliminación desas barreiras. 

Según a normativa de aplicación a Lei 10/2014, de 3 de decembro, de accesibilidade de Galici, a accesibilidade universal debe atender a barreiras que se sitúan nos seguintes elementos:

a) Espazos públicos urbanizados, infraestructuras e edificación.

b) Transportes.

c) Telecomunicacións e sociedade da información.

d) Bens e servizos a disposición do público e relacións coas administracións públicas.

Coa finalidade de analizar e actuar sobre os elementos característicos da problemática da accesibilidade en Arteixo, a estrutura de elementos a estudar e actuacións a propoñer, levaranse a cabo sobre os seguintes elementos: 

a) Accesibilidade en edificacións públicas.

b) Accesibilidade en viario público urbano.

c) Accesibilidade aos Transportes.

d) Accesibilidade ao litoral.

e) Accesibilidad á sociedade da información.

f) Accesibilidade a bens e servizos.

g) Accesibilidade á rede de espazos naturais e patrimoniais.

Podes consultar o plan completo neste enlace