Ir o contido principal

O cooperativismo como fórmula de autoemprego

Achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo é o principal obxectivo do obradoiro que pon en marcha a concellería de promoción económica e que se desenvolverá no Centro Arteixo Innovación entre o 23 e o 27 de abril próximos. 

O curso, de 20 horas de duración, pretende dar a coñecer o modelo cooperativo, as súas características e as súas achegas sociais e económicas; e ofrece ademáis o modelo dunha experiencia real de cooperativa en funcionamento.

Cooperativas

 

Documentos: